

Os integrantes do RC Celta Cadete A súmanse á campaña ‘100 Anos – 100 Toneladas’, promovida con motivo do Centenario do club, no marco das accións solidarias incluídas no programa Denominación de Orixe Celta do que forman parte a totalidade dos conxuntos das categorías inferiores celestes e que prevé unha acción solidaria de cada un dos equipos cada tempada.
Os xogadores do cadete céltico uníronse á iniciativa lanzada pola Fundación Celta e o Banco de Alimentos de Vigo coa doazón de produtos alimenticios non perecedoiros e ademais recibiron unha enriquecedora charla sobre o funcionamento do Banco de Alimentos e a realidade dos destinatarios da campaña ofrecida polo presidente da entidade viguesa. Iván Martínez. e a súa responsable de comunicación. Ruth Villar.
A campaña ‘100 Anos -100 Toneladas’, que a Fundación Celta e o Banco de Alimentos de Vigo puxeron en marcha con motivo da celebración do Centenario do club, recibiu días atrás un notable impulso coa doazón de 500 quilos de conservas e galletas por parte da firma galega Grupo Pereira.
Os que queiran colaborar con esta iniciativa solidaria, poden depositar alimentos non perecedoiros nos puntos habilitados para iso nas tendas oficiais do club em A Sede e en Abanca Balaídos de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas e os domingos de partido na situada no estadio celeste.
Ademais, o club habiltaou unha liña telefónica exclusiva para aquelas empresas que desexen participar. Poden chamar ao número de teléfono 666 533 366 de 10.00 a 14:00 horas. As doazóns poderán facelas no Banco de Alimentos, na Avenida de Alcalde Lavadores 102, ou solicitar que sexan recollidas na propia empresa polo Banco de Alimentos.
To provide the best experiences, we and our partners use technologies like cookies to store and/or access device information. Consenting to these technologies will allow us and our partners to process personal data such as browsing behavior or unique IDs on this site and show (non-) personalized ads. Not consenting or withdrawing consent, may adversely affect certain features and functions.
Haz clic a continuación para aceptar lo anterior o realizar elecciones más detalladas. Tus elecciones se aplicarán solo en este sitio. Puedes cambiar tus ajustes en cualquier momento, incluso retirar tu consentimiento, utilizando los botones de la Política de cookies o haciendo clic en el icono de Privacidad situado en la parte inferior de la pantalla.