Un ano cúmprese desde que esa beleza celeste publicouse ao mundo. “Oliveira dos Cen Anos” unha homenaxe ao celtismo e ás orixes do RC Celta que se convertía no pistoletazo de saída dun Centenario que contaba os días para ser unha realidade. Os 366 que viñeron despois dese, 7 de xullo de 2023, xa son historia do RC Celta. Historia de como nosas raíces brillaron logrando cegar ao mundo enteiro.
odo comezou con aquela mensaxe de “¿Puedo intentarlo?”. Difícil dicir que non ante unha proposta que respiraba Celta e ilusión polos catro custados. RC Celta, Pucho e Little Spain xuntos ante un dos retos máis complicados dos últimos anos, compoñer un himno que unise e lograse emocionar a todo o celtismo.
7 millóns de reproducións en Spotify e 4 millóns en Youtube avalan que esta Oliveira criou raíces de ouro situándose como un dos himnos dun equipo de Primeira División máis exitosos. Se contamos os galardóns que cultivou ao longo destes doce meses son innumerables: mellor videoclip nos Premios da Academia da Música de España; oito galardoes na XXV edición dos Premios Nacionais de Creatividade; un Gran Premio de Ouro en Brand Content e Premio Platino á mellor campaña iberoamericana no Festival O Sol; premio ao mellor videoclip nos Premios Mestre Mateo; e 3 galardóns de ouro nos Cannes Lions International Festival of Creativity 2024. Pero, sen dúbida, o maior premio é sentir a unha afección unida por unha canción que nos representa á perfección, que exemplifica á perfección un sentimento compartido. Ese é o maior triunfo dunha obra que humildemente trataba de conmemorar o Centenario do RC Celta e converteuse nunha oda ao celtismo. Unha oda ás raíces celestes que nos fixo valorar de onde vimos, aquilo que somos. E non só conseguiu poñelo en valor, senón que tamén posicionou ao RC Celta como o maior embaixador da historia e tradición de Galicia.
Hoxe celebramos un ano no que aquel “creo que estou namorado” converteuse en realidade e caemos rendidos ante unha melodía que se meteu en todos os corazóns celestes dun celtismo que entraba na recta final para celebrar o seu ano dourado, os seus 100 anos de Afouteza e Corazón. O maior agasallo e legado do Centenario do RC Celta que seguirá unindo a diferentes xeracións outros 100 anos máis. Porque na ledicia e no padecer continuaremos coreando este himno antes de cada partido. Porque Abanca Balaídos seguirá sendo o escenario dun celtismo acérrimo que inxectará emoción e enerxía aos nosos antes de calquera reto e que este escudo non noso peito seguirá demostrando que as raíces celestes, son moitas raíces celestes.