parallax background

CENTENARIO

1923 - 2023

100 anos de Afouteza e Corazón

CentenarioRC Celta

1923, o ano en que dous equipos e dúas afeccións deciden unirse para crear algo moito máis grande: o Real Club Celta de Vigo. 2023, o ano do noso Centenario. E o ano no que o celtismo vístese de gala para celebrar os 100 anos de alegrías, penas, lendas, retos, vitorias, unión, éxitos, desesperación, esperanza… E en definitiva, de vida do RC Celta.

2023, un ano para lembrar

Unha programación única e diferente, á altura dos 100 primeiros anos de historia do RC Celta. Homenaxearemos a todas as persoas que apostaron pola creación do club, ós xogadores que fixeron historia vestindo a camiseta celeste, á afección que acompañou ao club de maneira incansable. Lembraremos os momentos históricos, as xestas, as alegrías… Poñeremos en valor nosa aposta pola canteira e o prometedor futuro que temos por diante.

Unha conmemoración que nace da afección e da nosa masa social. Escoitamos as vosas propostas, as vosas inquedanzas para desenvolver esta celebración. A afección e a cidadanía son os protagonistas deste Centenario.

Unha celebración para Vigo, para Galicia e para todos os seguidores que apoian ao equipo desde calquera lugar do mundo e a todos os que formaron parte deste gran proxecto desde os seus inicios ata o día de hoxe. Unha celebración única que só sucederá unha vez na vida, e que levará como lema a propia esencia e identidade do club: Afouteza, corazón, orgullo e tradición.

Unha programación de actos que se desenvolverá ao longo de 2023 e parte de 2024.

  • 1923
  • 1928
  • 1936
  • 1939
  • 1945
  • 1948
  • 1950
  • 1966
  • 1971
  • 1976
  • 1982
  • 1988
  • 1994
  • 1994
  • 2000
  • 2001
  • 2004
  • 2012
  • 2013
  • 2017

Novas do Centenario

16 Outubro 2023

NON É UN LIBRO, É A HISTORIA DE CEN ANOS DE AFOUTEZA E CORAZÓN

Onte, o Salón Rexio de A Sede encheu as súas catro paredes de historia, acollendo a presentación do libro oficial do Centenario do RC Celta. Vivencias, […]
29 Setembro 2023

TEMPUR CHEGA A VIGO E SÚMASE AO CENTENARIO DO RC CELTA

Con motivo da apertura dunha nova tenda en Vigo, na rúa Gran Vía, 3, TEMPUR reforza a súa relación co Centenario do RC Celta, e súmase […]
4 Setembro 2023

ONTE Á NOITE O CEO DE ABANCA BALAÍDOS ENCHEUSE DE ESTRELAS

A pasada noite do mércores 30 de agosto de 2023 non foi unha noite máis, unha noite calquera. Foi un momento que para moitos celtistas de […]

CentenarioAxenda

AXENDA

  • “100 ANOS – 100 TONELADAS”

    O gran reto de "100 anos - 100 toneladas" estará vixente todo o ano con puntos fixos nas tendas oficiais do RC Celta, e outros puntos estratéxicos que se irán anunciando ao longo do ano para conseguir a meta solidaria de 100 toneladas de produtos de primeira necesidade para o Banco de Alimentos.

Patrocinadores principales

Patrocinadores oficiales

Colaboradores oficiales