‘XERACIÓN 23´ ARRINCA ESTE DOMINGO EN ABANCA BALAÍDOS CO REENCONTRO DOS XUVENÍS CELESTES DA TEMPADA 2000/01

O CENTENARIO ACHÉGASE AOS ESTUDANTES DA MAN DA UVIGO CUNHA EDICIÓN ESPECIAL DE ÉRTÉK CENTRADA NO MÁRKETING DEPORTIVO
25 Febreiro 2023
INTENSA E EMOTIVA XORNADA PARA EUSEBIO SACRISTÁN, PRIMEIRO EMBAIXADOR DO CENTENARIO DO RC CELTA
27 Febreiro 2023

O primeiro episodio da ‘Xeración 23’, iniciativa organizada polo club con motivo do Centenario, terá lugar este domingo desde a previa do partido ante o Valladolid. Unha vintena de xogadores do equipo Xuvenil División de Honra do RC Celta da tempada 2000/2001 reuniranse antes do comezo do encontro para gozar dun emotivo reencontro, compartir recordos e vivencias e vivir unha experiencia única no estadio de Abanca Balaídos.

Os xogadores daquel xuvenil recibirán, como recordo deste reencontro, bufandas do Centenario e gozarán dunha visita guiada polo estadio. Seguirán ademais desde o túnel de vestiarios a chegada do equipo e o quecemento desde a banda. Tras estas actividades, acudirán ao palco para gozar deste emocionante RC Celta – Valladolid.

Esta emotiva iniciativa terá continuidade nos próximos anos, nos que os xuvenís celestes de cada xeración volverán reunirse para lembrar os seus mellores momentos coa camiseta celeste e gozar xuntos dun partido en Abanca Balaídos dunha maneira moi especial.