

Os días 1 e 2 de marzo o Centenario chega á Facultade de Comunicación de Pontevedra cunha edición especial das charlas Érték Conference, un congreso de márketing de iniciativa estudantil no que profesionais de distintos ámbitos da comunicación e o márketing reúnense para non só achegar o mundo profesional ao estudantado, senón tamén para compartir as novidades, tendencias e know-how do sector. E este ano con motivo dun acontecemento único como é o Centenario, centrado no mundo do deporte.
As ‘masterclasses’ deste ano contan coa participación de grandes profesionais da comunicación e márketing deportivo. de numerosos directivos, patrocinadores e colaboradores do club, así como doutros profesionais do ámbito da comunicación e márketing deportivo.
Esta edición conta cun programa de relatorios moi interesante, con nomes tan destacados como: María José Herbón, directora corporativa do RC Celta; Marián Mouriño, Ceo de GS360; Juliana Francini, coordinadora de influencers e talentos de LaLiga ou José Villanueva de Estrela Galicia, entre moitos outros.
Ademais, participarán nesta edición tan especial Kevin Vázquez e Borja Oubiña como representantes do RC Celta.
To provide the best experiences, we and our partners use technologies like cookies to store and/or access device information. Consenting to these technologies will allow us and our partners to process personal data such as browsing behavior or unique IDs on this site and show (non-) personalized ads. Not consenting or withdrawing consent, may adversely affect certain features and functions.
Haz clic a continuación para aceptar lo anterior o realizar elecciones más detalladas. Tus elecciones se aplicarán solo en este sitio. Puedes cambiar tus ajustes en cualquier momento, incluso retirar tu consentimiento, utilizando los botones de la Política de cookies o haciendo clic en el icono de Privacidad situado en la parte inferior de la pantalla.