“OLIVEIRA DOS CEN ANOS” FINALISTA NOS FOOTBALL BUSINESS AWARDS 2024

OLIVEIRA DOS CEN ANOS”, PREMIO MESTRE MATEO 2024
26 Marzo 2024

Oliveira dos Cen Anos,  o himno do centenario do RC Celta, continúa levantando paixóns por todo o mundo. O último foi o seu nomeamento nos reputados premios Football Business Awards 2024, prestixiosos premios que recoñecen a parte máis empresarial do fútbol.

A produción de RC Celta, C.Tangana e Little Spain está nomeada nas categorías de Mellor campaña dun club e Mellor compromiso dun club cos afeccionados. Un novo recoñecemento internacional para as nosas raíces e a nosa tradición máis aló das nosas fronteiras. Nas devanditas categorías, o nome do club destaca xunto a outros clubs como o Sevilla FC, o Liverpool FC ou o Chelsea FC, entre outros. Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro venres 24 de maio en The Brewery, Londres.

Lanzados en 2012, os Football Business Awards celebran o mellor do negocio do fútbol. Deseñados para celebrar a influencia vital das empresas no fútbol, os Football Business Awards recoñecen ás organizacións, equipos e persoas que destacan en diversas disciplinas empresariais, de RSC e de gobernanza do fútbol.

Repasa AQUÍ toda a lista de finalistas.