O RC CELTA E A ONCE DANSE A MAN PARA CELEBRAR O CENTENARIO DO CLUB

CARLOS MOURIÑO, PRESIDENTE DO RC CELTA, ABRIU A ROMARÍA DE SAN ROQUE CUN EMOTIVO PREGÓN
17 Agosto 2023
COMEZA A SEMANA DO NOSO CENTENARIO; UNHA SEMANA PARA TODO O CELTISMO
24 Agosto 2023

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, recibiu esta mañá no Salón Rexio da Sede a Roberto Carlos Gaspar, director da Organización Nacional de Cegos Españois, ONCE. Xuntos presentaron o cupón especial que a organización dedicará no sorteo do próximo 23 de agosto ao club celeste para conmemorar os seus 100 anos de historia.

Serán cinco millóns de cupóns os que se distribuirán por toda España ese día nos puntos de venda autorizados pola organización.

A ONCE lembra que o 23 de agosto de 1923 naceu o Real Club Celta de Vigo tras a fusión do Vigo Sporting e o Fortuna de Vigo e na tempada 1935/36 logrou o seu primeiro ascenso a Primeira División, categoría na que xogou no últimos once anos de maneira consecutiva.

“O Celta forma parte dos equipos máis históricos de España ao ser un dos dez clubs con 57 tempadas disputadas no Campionato Nacional de Liga de Primeira División. Na Copa do Rei logrou tres subcampeonatos (1948, 1994 e 2001), alcanzando as semifinais da competición en oito ocasiones”, subliña a entidade.

O Cupón Diario da ONCE pon en xogo un premio de 500.000 euros ao número máis a serie, e 49 premios de 35.000 euros ás cinco cifras do número premiado. Ademais: 450 premios de 250 euros ás catro primeiras cifras e outros 450 premios ás catro últimas; 9.000 premios de 25 euros no caso de tres últimas ou tres primeiras; e o mesmo para as dúas primeiras e últimas (6 euros), e reintegro de 2 euros á primeira ou a última cifra do número premiado.