



A Cidade Deportiva Afouteza acolleu hoxe a primeira das actividades do programa ‘CelebraMos o Centenario’, que inclúe un amplo abanico de iniciativas organizadas polo RC Celta ao longo dos próximos meses en colaboración co Concello de Mos. Para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, diversos colectivos e asociacións de mulleres do municipio visitaron esta tarde a Cidade Deportiva Afouteza. Na visita estiveron acompañadas polo presidente do RC Celta, Carlos Mouriño e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
Continuando con estas accións, os días 15 e 21 de marzo convidarase as asociacións e colectivos mosenses a participar en diferentes visitas guiadas a Afouteza. Para o público xeral, estas visitas terán lugar os próximos 14 e 22 de marzo. Todas realizaranse pola tarde, en diferentes quendas, desde as 15.30 ata as 19.00 horas, cunha duración estimada de 45 minutos. Para participar nas visitas xerais só é necesario inscribirse nun formulario habilitado polo club, que será difundido na páxina web e nas redes sociais do Concello de Mos.
Durante o percorrido, poderán coñecer o ximnasio, o comedor, os vestiarios do Celta B e do primeiro equipo, a sala de vídeo e control de afluencia, e ofrecerase a oportunidade de facerse fotos en puntos especialmente indicados para tal efecto.
O 21 de marzo, o RC Celta colaborará na plantación de árbores prevista no municipio con motivo do Día Mundial dos Bosques, coa plantación nos terreos da Cidade Deportiva de 100 árbores para sumarse así a una iniciativa na que participarán outras Comunidades de Montes do municipio e o propio Concello para realizar unha plantación total de 1.000 árbores.
O Club tamén estará presente, a través de Galicia Sports 360, na próxima Feira de Educación, FormaMos do Concello de Mos, que terá lugar os próximos 30 e 31 de marzo.
‘CelebraMos o Centenario’ incluirá, ademais, actividades para a mocidade. Unha delas estará especialmente deseñada para o alumnado do IES de Mos, cunha charla sobre a historia do Club e a visita de xogadores do primeiro equipo ao centro. Están previstas, ademais, outras charlas e actividades dirixidas a diferentes públicos de Mos.
To provide the best experiences, we and our partners use technologies like cookies to store and/or access device information. Consenting to these technologies will allow us and our partners to process personal data such as browsing behavior or unique IDs on this site and show (non-) personalized ads. Not consenting or withdrawing consent, may adversely affect certain features and functions.
Haz clic a continuación para aceptar lo anterior o realizar elecciones más detalladas. Tus elecciones se aplicarán solo en este sitio. Puedes cambiar tus ajustes en cualquier momento, incluso retirar tu consentimiento, utilizando los botones de la Política de cookies o haciendo clic en el icono de Privacidad situado en la parte inferior de la pantalla.