O RC CELTA ABRE Á AFECCIÓN A SEGUNDA FASE PARA ELIXIR O NOME DA NOVA BANCADA DE ABANCA BALAÍDOS

EMOCIÓN, PAIXÓN E ENTUSIASMO NO CONCERTO DA CORAL CASABLANCA CON MOTIVO DO CENTENARIO DO RC CELTA
10 Maio 2023
RECALVI AFIANZA A SÚA RELACIÓN CO RC CELTA NUN ANO ESPECIAL: CONVÉRTESE EN PATROCINADOR OFICIAL DO CENTENARIO
16 Maio 2023

Tras pechar, cun notable éxito de participación, a primeira fase da enquisa aberta á afección celeste para decidir o nome da sección inferior da nova bancada que substitúe á derruida de Marcador, o RC Celta pon en marcha este venres ás 10:00 horas a votación entre as propostas máis significativas. Os seguidores célticos poderán votar ata o domingo ás 23:00 horas. Con esta iniciativa, o club repite a fórmula utilizada no seu momento para a Cidade Deportiva Afouteza, que tamén recibiu un respaldo masivo do celtismo.

Os afeccionados terán á súa disposición os seguintes nomes na plataforma habilitada para a votación:

-A Batea

-Bancada 1923

-Bancada Celeste

-Bancada Irmandiña

-Bancada Seareiros

-Esmorga

-Fogar de Breogán

-Fondo

-Marcador Baixo

-Marea Celeste

O club quere expresarlle ao celtismo o seu agradecemento pola súa fantástica resposta e gran implicación nesta iniciativa encamiñada a posibilitar que sexan os seguidores do RC Celta os que decidan como se chamará a sección inferior da nova bancada do estadio.

Os afeccionados poden votar desde este venres ás 10:00 AQUÍ