

O Concerto da Coral Casablanca e Orquestra con motivo do Centenario do RC Celta xerou unha choiva de emocións nun auditorio ateigado e entregado. O público gozou dun programa exquisito, cunha variedade calculada para xerar un tobogán de sentimentos e cubrir todo o espectro de gustos musicais e con varias chiscadelas ao RC Celta, cuxo primeiro plantel, xunto ao corpo técnico, acudiu ao completo para gozar deste gran espectáculo.
Desde o escenario do Teatro Afundación, a Coral Casablanca axitou emocións e xerou entusiasmo desde a súa primeira interpretación, Candillejas, de Chaplin. Da arte en branco e negro, ao mar, con Meu Amore Mariñeiro ou A Rianxeira. Negra Sombra, Chica de Ayer, Bohemian Rapsody, Cuéntame, Nessun Dorma… Diferentes épocas e estilos coas maxestosas voces da Coral Casablanca que arrincaron entusiastas aplausos do público.
Soou, como non, o Equipo A tras o descanso. E o colofón, os Himnos Gallego e do RC Celta para pechar unha actuación inesquecible.
O programa completo do Concerto da Coral Casablanca, dirixida por Óscar Villlar, incluíu as seguintes interpretacións:
Candilejas, Meu Amore Mariñeiro, Irmaus, Negra Sombra, Cuéntame, Apaga la Luz y verás, Chica de Ayer, Vivir sin Aire, A Rianxeira, Hasta el Final, Bohemian Rapsody, Nessum Dorma, O Fortuna ‘Carmina Burana’, Himno del RC Celta e Himno Galego.
To provide the best experiences, we and our partners use technologies like cookies to store and/or access device information. Consenting to these technologies will allow us and our partners to process personal data such as browsing behavior or unique IDs on this site and show (non-) personalized ads. Not consenting or withdrawing consent, may adversely affect certain features and functions.
Haz clic a continuación para aceptar lo anterior o realizar elecciones más detalladas. Tus elecciones se aplicarán solo en este sitio. Puedes cambiar tus ajustes en cualquier momento, incluso retirar tu consentimiento, utilizando los botones de la Política de cookies o haciendo clic en el icono de Privacidad situado en la parte inferior de la pantalla.