

A historia do RC Celta, canteira, sentimento, entusiasmo, enerxía, celtismo… confluíron esta tarde no Auditorio Mar de Vigo nun emotivo evento organizado pola Fundación Celta con motivo do Centenario do club. Uns 1500 nenos celtistas asistiron ao ‘Centenario cos Cativos’ e puideron coñecer mellor, non só a historia celeste, se non tamén aos canteiráns Iago Aspas e Gabri Veiga.
Abriu o acto, conducido por Carlos Veleiro, o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, quen deu a benvida aos mozos celtistas e animoulles a manter o seu entusiasmo nas bancadas de Abanca Balaídos para arroupar ao equipo e seguir o legado dos seus pais e avós.
Tras as emotivas palabras do presidente entrou en escena o tres veces campión de España de Fútbol freestyle Anto Sanz, quen deleitou á nova audiencia cunha exhibición de imaxinación e habilidade.
A historia celeste capitalizou o protagonismo coa proxección do magnífico vídeo sobre os 100 anos de vida do RC Celta elaborado pola prestixiosa plataforma Academia Play, a canle con máis seguidores en YouTube en España.
Os asistentes tiveron ocasión despois de formularlle numerosas preguntas a Iago Aspas e Gabri Veiga sobre as súas inquietudes, ilusións e expectativas, con fogosas ovacións dos asistentes tras a intervención dos futbolistas.
O ‘Centenario cos Cativos’ finalizou co himno do RC Celta entoado con entusiasmo por todo o auditorio.
A recadación do evento destinouse por completo á campaña solidaria ‘100 Anos – 100 Toneladas’ posta en marcha con motivo do Centenario polo Banco de Alimentos de Vigo e a Fundación Celta.
To provide the best experiences, we and our partners use technologies like cookies to store and/or access device information. Consenting to these technologies will allow us and our partners to process personal data such as browsing behavior or unique IDs on this site and show (non-) personalized ads. Not consenting or withdrawing consent, may adversely affect certain features and functions.
Haz clic a continuación para aceptar lo anterior o realizar elecciones más detalladas. Tus elecciones se aplicarán solo en este sitio. Puedes cambiar tus ajustes en cualquier momento, incluso retirar tu consentimiento, utilizando los botones de la Política de cookies o haciendo clic en el icono de Privacidad situado en la parte inferior de la pantalla.