A CAMPAÑA SOLIDARIA ’100 ANOS -100 TONELADAS’ REGRESA ESTE MARTES A ABANCA BALAÍDOS NO RC CELTA – GIRONA

GROSSO NAPOLETANO ATERRIZA EN VIGO CO SEU PRIMEIRO RESTAURANTE E A SÚA EXCLUSIVA PIZZA, A AFOUTEZA NAPOLITANA, PARA CELEBRAR O CENTENARIO DO RC CELTA
19 Maio 2023
OS AFECCIONADOS CELESTES PARTICIPARÁN NA GRAVACIÓN DO VIDEOCLIP DO HIMNO DO CENTENARIO BAIXO A DIRECCIÓN DE C. TANGANA
25 Maio 2023

O RC Celta, a súa Fundación e o Banco de Alimentos Vigo reactivan este martes antes do partido ante o Girona en Abanca Balaídos a campaña solidaria ‘100 Anos – 100 Toneladas’, lanzada hai uns meses con motivo do Centenario do club e que tivo unha gran acollida por parte da afección celeste, a cidadanía e entidades e empresas de toda Galicia.

A partir das 18:00 horas, os afeccionados que o desexen poderán realizar as súas doazóns nas bancadas de Gol, Río e Tribuna, onde serán recollidas por voluntarios e integrantes de Fundación Celta Integra e depositadas en furgonetas do Banco de Alimentos.

Na actualidade, a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo atende a unhas 20.000 persoas en situación de vulnerabilidade e chega a elas, a través de máis de 150 ONG e entidades homologadas coas que traballa na provincia de Pontevedra.

Os alimentos máis necesarios para esta campaña son os que se utilizan no almorzo: leite, galletas, cacao, e cereais, así como como conservas de carne e peixe, legumes e vexetais en tarros de cristal e aceite.