

“Oliveira dos Cen Anos”, o videoclip do himno do noso Centenario, galardoada co premio Mestre Mateo 2024 nesta XXII edición que se celebrou este sábado no Coliseum da Coruña. Gael García, coordinador do centenario, recalcou durante o acto que “se esta obra axudou a que a rapazada descobra a beleza da nosa lingua, se abra á nosa cultura, se sinta orgullosa e conecte coas nosas raíces, será unha das vitorias máis importantes“. Un recoñecemento ás nosas raíces, á nosa tradición, os nosos 100 anos de Afouteza e Corazón. E o máis valioso, un recoñecemento para todo o celtismo.
O videoclip oficial, que xa conta con 3,6 millóns de reproducións desde a súa publicación na plataforma de Youtube, segue cultivando éxitos esta vez na gala do audiovisual máis importante de Galicia. Producido por RC Celta, C. Tangana e Little Spain, compartía nomeamento na categoría de Mellor Videoclip con “Ruando” de Mondra, “Fai tempo” de The Rapants e “A pequena morte” de Caamaño e Ameixeiras.
Os Mestre Mateo son uns galardóns que outorga anualmente a Academia Galega do Audiovisual e premian a excelencia das producións audiovisuais de Galicia. O nome dos devanditos galardóns vén de o Mestre Mateo, realizador da maior parte do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

To provide the best experiences, we and our partners use technologies like cookies to store and/or access device information. Consenting to these technologies will allow us and our partners to process personal data such as browsing behavior or unique IDs on this site and show (non-) personalized ads. Not consenting or withdrawing consent, may adversely affect certain features and functions.
Haz clic a continuación para aceptar lo anterior o realizar elecciones más detalladas. Tus elecciones se aplicarán solo en este sitio. Puedes cambiar tus ajustes en cualquier momento, incluso retirar tu consentimiento, utilizando los botones de la Política de cookies o haciendo clic en el icono de Privacidad situado en la parte inferior de la pantalla.