O RC CELTA OUTORGA AS INSIGNIAS DE OURO NUNHA EMOTIVA CELEBRACIÓN CHEA DE CELTISMO

HOMENAXE AO RC CELTA NOS FOGOS DE BOUZAS
29 Maio 2024
ALTA COSTURA E FÚTBOL, XUNTOS ROMPENDO OS LÍMITES DO ESTABLECIDO
10 Xuño 2024

Marián Mouriño, presidenta do Real Club Celta, impuxo esta tarde as Insignias de Ouro do club a 55 leais celtistas que cumpriron 50 anos de antigüidade como abonados. Abanca Balaídos acolleu un ano máis esta tradicional e emotiva cerimonia, un dos eventos máis importantes e significativos para a entidade céltica debido ao seu simbolismo. A homenaxe a estes veteranos afeccionados estivo cheo de afecto e recoñecemento por parte do RC Celta e de todos os presentes.

«Levades 50 anos de alegrías e tristezas. Coñecedes o club como ninguén; é agora o noso labor iniciar con firmeza, ilusión e responsabilidade o camiño que seguiremos nos nosos próximos 100 anos de vida», sinalou Marián Mouriño dirixíndose aos homenaxeados, a quen agradeceu os seus 50 anos ininterrompidos de celtismo. «Sodes o exemplo do futuro celtismo», asegurou a presidenta. Unha vez entregadas as insignias realizouse a tradicional foto de familia xunto conselleiros, capitáns do primeiro equipo e representantes do club.

Os 55 abonados homenaxeados son: Vicente Pérez Gonzalez, Sebastián Dominguez Graña, Jose Luis Martin Borrajo, Ismael Pérez-Izaguirre Lopez, Daniel Meléndez Arias, Alejandro L. Alonso Rodriguez, Antonio Coello Bugarin, Esther Avendaño Arines, Manuel Barreiro Abad, Jose C. Fernandez Mouriño, Jose A. Rodriguez Fernandez, Lino A. Casal Arantes (recogió su mujer Rosa Arantes Araujo), Manuel Costas Bea, Enrique Correa Berdomas, Amalia Rey Casas, Modesto Gil Lopez, Leoncio Mouriño Rial, Manuel Martinez Vidal, Luciano Sanmartin Vidal, Carlos Docampo Dominguez, Armando Pereira Bandeira, Antonio Martinez Lima, Jose A. Vazquez Dominguez, Ernesto Lago Diz, Manuel Lorenzo Estévez, Manuel Garea Castro, Efren Parente Villar (recogió su familiar Jesús Montero), Jose A. Vilariño Montoto, Ángel Pérez González, Jose Carlos Fernández Martínez, Manuel D. Davila Sobral, Celso González Muñoz, Carlos Boente Iglesias (recoge su hijo César Boente), Jose González Silva, Anuncia Nuñez Gomez, Lucía Moares Fernandez, Jose I. Penin De Saa, Andrés Alvite Araujo, Mercedes Nuñez Fernández, Pilar Fernández Ferro, Mª Dolores Lago Giráldez, Ventura Pérez Vila, Serafín De Francisco Pérez, Fernando Martínez Casas, Mercedes Gallego Caride, Mercedes Rodriguez Gallego, Benigno, Abelleira Muñoz, Emilio Gomez Álvarez, Francisco J. Rocafort Del Hierro, Jesús Fernández González,

Antonio Fernández Pablos, Jose L. Varela Tabares, Miguel A. Pinacho Comesaña, Roberto Salgueiro Pérez e Pedro M. Piñeiro Martínez.