

O Centenario do RC Celta flúe, con rigor, emoción e dinamismo, a través das páxinas dunha singular publicación que percorre, con orixinais ilustracións, a historia do club desde os seus inicios ata a actualidade. Os fitos, acontecementos, xogadores, técnicos e personalidades que deixaron a súa pegada nestes 100 anos de vida do RC Celta cobran vida no fantástico libro ilustrado ‘Historia Visual do RC Celta’, editado por Aira, firma fundada en 2017 en Allariz e que atesoura xa numerosos galardóns polas súas obras.
César Cequeliños e Jorge Campos son os autores deste libro que sen dúbida se converterá nunha peza de gran valor para o celtismo neste ano do Centenario, tanto polo seu contido como pola brillante maneira de ilustralo. A publicación, editada en galego, pódese adquirir xa tanto nas tendas oficiais do RC Celta como en liña na web oficial do club e en numerosas librerías de toda Galicia.
Con 65 títulos publicados até a data, no seu haber, Aira conta con varios libros premiados con galardóns tan prestixiosos como o Follas Novas, o Blanco-Amor de Novela ou o Álvaro Cunqueiro de Xornalismo Gastronómico.
To provide the best experiences, we and our partners use technologies like cookies to store and/or access device information. Consenting to these technologies will allow us and our partners to process personal data such as browsing behavior or unique IDs on this site and show (non-) personalized ads. Not consenting or withdrawing consent, may adversely affect certain features and functions.
Haz clic a continuación para aceptar lo anterior o realizar elecciones más detalladas. Tus elecciones se aplicarán solo en este sitio. Puedes cambiar tus ajustes en cualquier momento, incluso retirar tu consentimiento, utilizando los botones de la Política de cookies o haciendo clic en el icono de Privacidad situado en la parte inferior de la pantalla.