

Primeiro partido de 2023 en Abanca Balaídos. O equipo e todo o celtismo uniranse durante o partido entre RC Celta e Vilarreal CF nunha celebración de #100anosdeAfoutezaeCorazon, que tivo que ser posposta en parte hai uns días pola alerta meteorolóxica.
O partido, ás 21:00 horas, será o eixo central dunha gran festa con protagonismo absoluto da afección, que participou de maneira activa na confección desta programación a través das propostas enviadas á web do Centenario e nunha recente reunión coa Federación de Peñas. Durante todo o día viviranse momentos de paixón e emocións para conmemorar os primeiros cen anos que cumpre o club.
As actividades comezarán na contorna do estadio ás 16:00 horas con animación infantil, pintacaras, animadores, zancudos, globoflexia… Desde as 17:45 horas, na chaira exterior de Tribuna, os seguidores celestes poderán gozar despois dunha das bandas de referencia para o celtismo: Keltoi!.
Os vigueses ofrecerán ao Celtismo un repertorio onde non faltarán cancións como ‘1923’ ou ‘Unhas cores, un sentimento’. Ademais, contarán cun invitado moi especial para a ocasión.
Miguel Costas, membro histórico de ‘Siniestro Total’ e autor de himnos tan recoñecidos como ‘Miña Terra Galega’ ou ‘Bailaré sobre tu tumba’ subirase ao escenario con Keltoi! no que será un momento único para a música viguesa e o celtismo. A xornada musical completarase co DJ Javier Vidal, habitual da Iguana Club e a Sala Mondo.
Ás 19:23 horas chegará un dos puntos fortes da xornada. O autobús celeste chegará a Abanca Balaídos e reviviranse as espectaculares escenas de comuñón entre equipo e afección que tantas vitorias, algunhas milagrosas, propiciaron.
Non será a última das accións desta inesquecible xornada. Antes do inicio do partido un gran tifo lanzado desde a bancada de Río homenaxeará ás lendas celestes que durante estes 100 anos de historia marcaron época no club.
Unha xornada na que haberá máis sorpresas para a afección celeste que acuda a Abanca Balaídos para arroupar ao equipo ante o Vilarreal CF.
To provide the best experiences, we and our partners use technologies like cookies to store and/or access device information. Consenting to these technologies will allow us and our partners to process personal data such as browsing behavior or unique IDs on this site and show (non-) personalized ads. Not consenting or withdrawing consent, may adversely affect certain features and functions.
Haz clic a continuación para aceptar lo anterior o realizar elecciones más detalladas. Tus elecciones se aplicarán solo en este sitio. Puedes cambiar tus ajustes en cualquier momento, incluso retirar tu consentimiento, utilizando los botones de la Política de cookies o haciendo clic en el icono de Privacidad situado en la parte inferior de la pantalla.