ESTE É O MELLOR ONCE DA HISTORIA DO RC CELTA PARA A AFECCIÓN CELESTE

CONSERVAS DAPORTA SÚMASE Á CAMPAÑA SOLIDARIA ‘100 ANOS – 100 TONELADAS’ CUNHA IMPORTANTE DOAZÓN
13 Marzo 2023
CENTENARIO: O FILIAL CELESTE DENOMINARASE DESDE A PRÓXIMA TEMPADA CELTA FORTUNA EN HOMENAXE ÁS ORIXES DO CLUB
23 Marzo 2023

Tras varias semanas de votacións, a afección celeste definiu o once ideal dos 100 anos de vida do RC Celta, unha iniciativa de Estrella Galicia e o club na que participaron máis de 3.000 seguidores. O resultado das votacións, realizadas a través das redes sociais do club, é o seguinte:

Porteiro: Cañizares; defensas: Míchel Salgado, Cáceres. Manolo. Hugo Mallo; centrocampistas: Karpin, Mazinho, Mostovoi; dianteiros: Iago Aspas, Pahiño, Gudelj.

Estrella Galicia garda algunha sorpresa para a afección celeste relacionada con este once histórico do RC Celta que desvelará durante as próximas semanas.