

Xornada histórica para o celtismo! O domingo 28 de xaneiro, ABANCA Balaídos acolleu por primeira vez na súa historia dous partidos nun mesmo día. Ás 14:00 horas o RC Celta recibiu ao Girona CF na vixésimo segunda xornada de LaLiga EA Sports; e ás 21:00 horas, o Celta Fortuna fixo o propio nun emocionante derbi co Deportivo de La Coruña, partido correspondente á xornada 21 de Primeira Federación
Co obxectivo de ofrecer á afección celeste un día único, o club planificou unha serie de actividades na contorna do estadio para este xa coñecido como “Domingo celeste”. Desde pola mañá houbo pintacaras (12.00 a 13.00h e 17.00 a 20.00h) e a batucada Leña Verde (12.30h a 13.30h e 19.30 a 20.30h) nas inmediacións de Abanca Balaídos.
Tras o partido RC Celta – Girona CF, a festa centenaria continuou fóra co concerto de High Paw (17.00h – 18.15h), o concerto Groove Amigos (18.15h – 19.30h) e DJ antes do inicio do derbi galego.
Ademais, para repoñer forzas, e para que non haxa problemas cos desprazamentos, houbo 2 food trucks desde as 12:00 horas ata as 21:00 horas nos exteriores do estadio. A mellor opción para comer e cear antes dos respectivos partidos.
Un domingo para lembrar nunha tempada centenaria inesquecible para o celtismo.
HORARIO DO DOMINGO CELESTE
12:00h – 13.00h DJ (escenario) e Pintacaras (portas estadio)
12.30h – 13.30h Batucada (contorna estadio)
14.00h – 16.00h RC Celta – Girona CF
16.30h – 17.00h DJ (escenario)
17.00h – 20.00h Pintacaras (portas estadio)
17.00h – 18.15h Concerto High Paw (escenario)
18.15h – 19.30h Concerto Groove Amigos (escenario)
19.30h – 20.30h Batucada (contorna estadio)
21.00h – 23.00h Celta Fortuna – RC Deportivo de La Coruña
2 Food Trucks: Desde as 12.00h ata as 21.00h
To provide the best experiences, we and our partners use technologies like cookies to store and/or access device information. Consenting to these technologies will allow us and our partners to process personal data such as browsing behavior or unique IDs on this site and show (non-) personalized ads. Not consenting or withdrawing consent, may adversely affect certain features and functions.
Haz clic a continuación para aceptar lo anterior o realizar elecciones más detalladas. Tus elecciones se aplicarán solo en este sitio. Puedes cambiar tus ajustes en cualquier momento, incluso retirar tu consentimiento, utilizando los botones de la Política de cookies o haciendo clic en el icono de Privacidad situado en la parte inferior de la pantalla.