CONTAMOS CONTIGO PARA INICIAR ESTE CENTENARIO!

Afición Real Club Celta de Vigo
PARTICIPA NO CENTENARIO RCCELTA
24 Novembro 2022
O RC CELTA EMPRENDE O MÉRCORES O #CAMIÑOAOCENTENARIO REVIVINDO O PRIMEIRO PARTIDO DA SÚA HISTORIA
5 Decembro 2022
Ideas partido RC Celta Sevilla

O próximo 30 de decembro, o RC Celta celebra a volta de LaLiga xogando co Sevilla Fútbol Club, pero non será un partido máis porque supoñerá, de xeito oficial, o pistoletazo de saída do Centenario do club galego.

 

Por este motivo, e porque este Centenario pertence a todos os que fixeron que o equipo chegue a cumprir os seus 100 anos, gustaríanos que asistises ao partido e o gozases coma se fose teu.

 

Así que, dinos: Tes algunha idea ou suxerencia sobre que che gustaría que sucedese antes, durante, e despois deste partido? Envía as propostas premendo en este formulario e lerémolas con detemento.

 

Queremos dar vida ás vosas ideas, ningunha é grande ou pequena, e tomarémolas en conta para celebrar que estamos a piques de facer lenda!