

O RC Celta continúa de celebración no ano do seu Centenario con moitas sorpresas. Nesta ocasión, Estrella Galicia quixo sumarse a esta conmemoración cun cambio especial no logo do noso segundo equipamento. Para a ocasión, substituíuse o logo do noso patrocinador por un impoñente dourado, que destaca sobre o negro da camiseta.
Esta edición exclusiva, bautizada como Tesouro Celeste, representa unha peza única na historia do club e moi especial para a dos afeccionados que a luzan. Unha peza da que se produciron soamente 100 unidades, con motivo do Centenario, converténdoa en toda unha peza de coleccionista.
Ademais, esta camiseta será a que vistan os xogadores nun partido moi especial: o RC Celta só a vestirá no encontro ante o Real Madrid do próximo 22 de abril no Santiago Bernabéu. Será unha oportunidade única para ver aos xogadores do Celta enfundados nesta vestimenta singular.
A edición limitada do segundo equipamento 2022/23 xa está dispoñible á venda na tenda en liña do RC Celta (shop.rccelta.es), así como nas tendas físicas de Abanca Balaídos e A Sede RC Celta. O prezo de venda é de 79,95€, cun desconto de 10% para nosos abonados na compra desta camiseta tan especial.
Celebra o Centenario do RC Celta co noso Tesouro Celeste, unha peza única e irrepetible que representa a historia e a tradición do noso club. Faiche coa túa AQUÍ!
To provide the best experiences, we and our partners use technologies like cookies to store and/or access device information. Consenting to these technologies will allow us and our partners to process personal data such as browsing behavior or unique IDs on this site and show (non-) personalized ads. Not consenting or withdrawing consent, may adversely affect certain features and functions.
Haz clic a continuación para aceptar lo anterior o realizar elecciones más detalladas. Tus elecciones se aplicarán solo en este sitio. Puedes cambiar tus ajustes en cualquier momento, incluso retirar tu consentimiento, utilizando los botones de la Política de cookies o haciendo clic en el icono de Privacidad situado en la parte inferior de la pantalla.