

O RC Celta presenta a súa camiseta máis innovadora e rupturista, pero sen esquecerse dos seus valores e tradicións no primeiro equipamento para esta nova tempada.
Nun ano tan especial para todo o club, Galicia cobra especial importancia nesta peza, co uso destacado da bandeira de todos no peito, reforzando a unión entre o RC Celta e a súa terra.
Tamén se realizou un tributo á orixe da entidade que cumpre 100 anos. O pescozo da camiseta conta cunha homenaxe aos dous clubs que antecederon ao que hoxe é o RC Celta, o Real Club Fortuna e Vigo Sporting. Coas súas iniciais unidas por e para sempre nesta camiseta exclusiva, o Club deixa constancia do legado recibido, e do precedente que sentaron xuntando forzas para alcanzar os seus soños.
O noso agradecemento a Estrella Galicia polo uso monocolor do seu patrocinio nunha camiseta tan especial. A marca galega mostra unha vez máis o seu compromiso co RC Celta neste ano de Centenario.
O Club non quixo deixar pasar esta oportunidade para que o novo himno, composto polo artista internacional C. Tangana, acompañe á afección e o sinta como propio. Por iso, o lateral da camiseta contará coa letra, creada con tanto mimo e esmero por un celtista para todos os celtistas.
A nova peza está dispoñible desde hoxe, sábado 7 de xullo, tanto nas tendas física da Sede e ABANCA Balaídos, como na web. O prezo da camiseta será 84,95€. Os abonados da tempada 23/24 poderán gozar dun desconto nesta peza histórica deseñada outro ano máis por Adidas. A próxima semana publicarase máis información sobre este beneficio exclusivo.
To provide the best experiences, we and our partners use technologies like cookies to store and/or access device information. Consenting to these technologies will allow us and our partners to process personal data such as browsing behavior or unique IDs on this site and show (non-) personalized ads. Not consenting or withdrawing consent, may adversely affect certain features and functions.
Haz clic a continuación para aceptar lo anterior o realizar elecciones más detalladas. Tus elecciones se aplicarán solo en este sitio. Puedes cambiar tus ajustes en cualquier momento, incluso retirar tu consentimiento, utilizando los botones de la Política de cookies o haciendo clic en el icono de Privacidad situado en la parte inferior de la pantalla.